Banco de libros Curso 2017/2018

Estimadas familias,

Este curso a ANPA OS PAZOS continúa coa campaña de intercambio de libros de texto, que funcionará de xeito simultáneo co banco que organiza a Xunta de Galicia, xestionado pola Dirección do instituto.

Lembrade que as familias beneficiarias do Fondo Solidario de Libros de Texto da Xunta e as que os mercaron co “cheque” da Xunta están obrigados a entregalos no centro (agás os das materias suspensas, que os poderán conservar ata setembro).

As familias propietarias de libros de texto que desexen doalos ao banco da ANPA poderán deixalos nos días e datas que se detallan a continuación:

– RECOLLIDA DE LIBROS DO CURSO QUE REMATA

Os libros de 1º,2º, 3º e 4º de ESO (non se van recoller os de bacharelato) poderán deixarse na aula de titorías (planta baixa ao lado da fotocopiadora) os días 26 de xuño en horario de mañá e o 27 de xuño de 16:30 a 18:30. Este ano non funcionará o banco de libros para os alumnos e alumnas de bacharelato.

SOLICITUDE DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

Coa finalidade de poder preparar os lotes de libros da mellor forma posible, é necesario que todas as familias solicitantes cumprimenten o documento adxuntomarcando cales son os libros que se entregan e os que se solicitan, xa que, debido á optatividade ofertada polo centro, non todo o alumnado cursa as mesmas materias.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN

-En 1º ESO: Terán preferencia na adxudicación aquelas familias que fixesen entrega dos libros de 6º de primaria no seu centro de procedencia (CEIP Isidro Parga Pondal e/ou CEIP Luis Seoane)

-En 2º, 3º e 4º da ESO: os libros da ANPA repartiranse, en función da dispoñibilidade, entre aquelas familias que fixeran entrega dos libros ao banco da ANPA.

– RECOLLIDA DE LIBROS PARA O PŔOXIMO CURSO

Poderase pasar a recoller os libros adxudicados o  29 de xuño en horario de 16:30 h a 18.30 h.

Unha persoa pode recoller libros para outra, se conta cunha autorización escrita.

Os libros solicitados que non se recollan neste prazo, poderán ser retirados por calquera outra persoa o mesmo 29 de xuño de 18.30 a 19.00h.

No mes de setembro, unha vez coñecidas as cualificacións, habilitarase un novo prazo de recollida e adxudicación de libros. Estade atentos á nosa páxina web, nela iremos anunciando novidades ao respecto.

Calquera dúbida podedes consultárnola a través do noso correo: info@anpaospazos.es

Recibide un cordial saúdo

A directiva da ANPA OS PAZOS

Comparte