Actividades extraescolares curso 2017/2018

Dende o ANPA “Os Pazos” estamos estudando a posibilidade de iniciar para curso 2017/2018 novas actividades extraescolares. Necesitamos coñecer os vosos intereses para poder ofertalas e facer os grupos.

Gustaríanos que os/as interesados/as en participar nestas actividades marcásedes as vosas preferencias neste formulario e entregásedes a folla canto antes na Secretaría do centro ou no buzón da ANPA.

As actividades a elexir son:

OBRADOIRO DE TEATRO (martes e mércores 16:30 a 18:00). 15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

INGLÉS (martes 16:30 a 17:30. Unicamente para alumnos/as de 1º e 2º da ESO) 15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

TÉCNICAS DE ESTUDO (Están pendentes de concretar tanto os horarios como os prezos, porén prevemos que sexan similares aos das outras actividades)

Comparte