Archivo por meses: septiembre 2014

Inicio de actividades 2014/2015

AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA COMEZARÁN O DIA 1 DE OUTUBRO

FOLLA DE INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES 2014 2015

Comparte

Actividades 2014/2015

Estimadas familias,

Con data de hoxe facemos públicas, tanto na nosa páxina web, como nos taboleiros do centro as listaxes de admitidos nas actividades.

Habida conta que non cubrimos as prazas para levar a cabo a actividade de xadrez, ofertámola novamente.

Como novidade, cómpre sinalar que se trata dunha actividade na que se poden inscribir tamén os adultos (pais, nais, profesores e profesoras), terán preferencia, no caso de non chegar as prazas dispoñibles os/as estudantes. A actividade prográmase para a tarde dos martes en horario de 16.15h. a 17.45.h.

XADREZ         MARTES 16.15 a 17.45h.      15 €/mes

Socios da ANPA 10€/mes

Ofertamos asímesmo, a actividade deportiva de baloncesto, en dúas modalidades:

  1. MÉRCORES E VENRES de 16.00h a 17.00h. Nesta modalidade poden inscribirse alumnos e alumnas de calquera idade. (25€/mes. Socios da ANPA 20€/mes)
  2. MARTES E XOVES DE 16.00h. a 18.00h. Nesta opción pódense inscribir as nenas que se queiran incorporar a un equipo que xa estáfederado na categoria cadete femenino (anos de nacemento 1999 e 2000). Esta opción xorde, porque varias alumnas do centro partencian a un equipo desta categoría xa federado.(30€/mes. Socios da ANPA 25€/mes)

O prazo para inscribirse nestas actividades está aberto ata o vindeiro día 26 de setembro.

Pódense formalizar as inscricións tanto por correo electrónico, no enderezo da ANPA (info@anpaospazos.es) como presencialmente no Instituto (secretaría ou buzón da ANPA).

Recibide un cordial saúdo,  A directiva

Admitidos:

XADREZ

Teatro 1º cuadrimestre

INGLES MIERCOLES, INGLES MARTES

Comparte