Archivo por meses: marzo 2020

Horarios de clases de apoio do ministerio de educación

O ministerio de educación va emitir unhas clases de apoio na TVE no seguinte horario.

Comparte

MENSAXE IMPORTANTE DA ANPA OS PAZOS

A dirección do instituto non pode colgar información porque a Xunta ten bloqueadas as påxinas dos centros temporalmente. Tan pronto funcionen, subirán información do noso centro Estade atentos e entrar na páxina para informarvos.

Por favor, difundide está mensaxe e que chegue a todas as familias

Comparte

Charla informativa:“Mocidade baixo tormentas, alcohol e outras”

Estimadas familias

Dende o ANPA temos unha fonda preocupación sobre o consumo de alcol e drogas que se está xerando  por parte do alumnado.

Por iso, convidámosvos a participar na próxima charla informativa sobre o tema, ofrecida no programa do Concello de Oleiros, que será impartido por miembros de ADAFAD, “Mocidade baixo tormentas, alcohol e outras” o vindeiro xoves 26 de marzo as 18:30 h no instituto.

Os adelantamos os contidos e metodoloxía do obradoiro:

Intervencion preventiva dirixida a nais e pais

Cada charla ten unha duración aproximada aprox. 90 minutos

Contidos:

Mocidade baixo tormentas: alcol e outras”

Tratarase con nais e pais a situación actual dos consumos de alcol e outras drogas nos

menores de idade incidindo nos factores de protección fronte ós mesmos.

• Aquí e agora: vellos coñecidos actuais

• A gota que colma o vaso!

• Á tarefa, están ahí! Supoñamos escenarios…

Destinatarios/as:

Pais e nais con fillos/as cursando estudios no IES Maria Casares do Concello de Oleiros

interesados/as en participar.

Metodoloxía

Utilizarase unha metodoloxía activa e participativa. Tratarase a través de medios

audiovisuais e do diálogo acercarse ás situación de interese para os asistentes,

priorizando tempo e espazo, e plantexando conceptos imprescindibles, de forma que o

esforzó de asistentes e ponentes, supoña un campo de traballo común.

Dada a importancia do tema, contamos coa vosa participación

Un saúdo

ANPA OS PAZOS

Comparte