Archivo por meses: noviembre 2014

Eleccións ao Consello Escolar

Estimados pais e nais:

Dende el ANPA e dende o centro animase aos pais e as nais a participar como candidatos nas eleccións que se celebrarán proximamente.

A pertenza ao Consello Escolar require asistir ás xuntanzas que se realizan durante o curso, nas que se toman as decisións que afecta aos nosos fillos e as nosas fillas.

É polo tanto moi importante que haxa representantes dos pais e nais no Consello Escolar.

O prazo para presentar candidaturas é do 7 ao 14 de novembro.

As eleccións son o 26 de novembro de 16:30-21:00.

 Animávosvos a que presentedes a vosa candidatura.

 A Xunta Directiva

Comparte

Charlas consello escolar

Estimadas ANPAS

O sábado día 8 de novembro querémonos reunir con vós para falar das eleccións a Consellos Escolares, instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro Escolar. Organizamos na sede da Federación unha charla coloquio para falar da importancia e do dereito, agora máis que nunca coa aprobación da LOMCE, da participación das nais e pais no principal órgano de xestión e control do Centro no que están os nosos fillos e fillas.

Como ANPAS debemos tratar de convencer aos pais e nais a que se presenten a estas eleccións, polo que vos pedimos que anímedes tamén  ás familias a acompañarvos e vir a este encontro para coñecer qué é o Consello Escolar, quén forma parte del, qué competencias ten, cómo se renova, etc.

LEMBRADE:

DÍA: SÁBADO DÍA 8

LUGAR: Federación Provincial ANPAS. Rúa Orzán Número 21 A Coruña

HORA: 10:30 horas

 Saúdos

Federación provincial ANPAS

Comparte