Banco de libros. Setembro 2015

Estimadas familias,

Finalmente cambiáronse a maioría dos libros de 1º e 3º.

En 1º ESO cambian todos, aínda que en Matemáticas non se vai utilizar libro de texto  xa que está previsto usar materiais dunha plataforma virtual.

En 3º ESO mantéñense os libros que se relacionan a continuación, e para a materia de Matemáticas está previsto, ao igual que en 1º, utilizar materiais dunha plataforma virtual.

  • Lingua castelá
  • Música
  • Cultura clásica (sección bilingüe; o non bilingüe cambia).

Os alumnos que vaian ao PMAR (o que ven substituír a divesificación curricular) si poderán utilizar os libros que se viñan utilizando no PDC (Ámbito lingüístico-social, ámbito científico-tecnolóxico e inglés).

A pesar dos cambios, dende a dirección comunícasenos  que é posible que algún profesorado non teña inconveniente en permitir o uso de libros do curso actual, nalgúns casos as variacións son mínimas, polo que nós terémolos a disposición das familias, para que baixo o voso criterio decidades que facer.

A recollida en entrega de libros en SETEMBRO farémola con arreglo ao seguinte calendario:

RECOLLIDA DE LIBROS: 7 de setembro, de 16.30 h. a 19.30 h.

ENTREGA DE LIBROS: 8 de setembro, de 16.30 h. a 19.30 h.

A directiva.

Comparte