Premiado no Certame Don Bosco o grupo de teatro do IES María Casares

O grupo de Teatro do noso instituto conseguiu o cuarto premio na categoría cadetes no Certame de Teatro Afeccionado Don Bosco na súa edición número 18.

A súa obra «Tolemias», dirixida por Ramiro Neira, foi distinguida entre as 92 que se presentaron este ano no certame que se desenvolve no Colexio Calvo Sotelo dependente da Deputación Provincial.

O grupo de Teatro do María Casares é producto dunha actividade da Anpa que se mantén nos últimos anos con éxito de convocatoria importante e supón unha aposta pola difusión da cultura e o fomento da súa relación no desenvolvemento persoal dos estudantes do instituto

Queremos mediante este escrito dar a noraboa aos premiados e lembrar que está aberta a convocatoria de prazas nesta actividade para o próximo ano dentro da documentación das follas de matrícula.

Subliñamos o esforzo e dedicación destas rapazas e rapaces na conformación dunha montaxe singular absolutamente orixinal no seu fondo e nas súas formas.

De novo o nome do Instituto vese relacionado cunha actividade que subliña o mérito dos estudantes co fomento de actividades que potencian as habilidades adquiridas na súa formación academica.

Noraboa

A Xunta directiva

Comparte