Archivo por meses: junio 2013

Concentración 27 de xuño

Concentra27xun

Comparte

Intercambio de libros

IntercambioEstimadas familias,
Tal e como acordamos na asemblea de socios do pasado día 12, este ano iniciamos unha campaña de intercambio de libros de texto.
As familias que deixen os libros teran preferencia á hora de recollelos, para poder levar a cabo este control é necesario que cubrades o impreso que recolleredes no momento en que entreguedes os libros. Esta preferencia non garante o dereito a recoller libros, habida conta que non depende de nós, ter dispoñibles os que unha familia necesite, mais na medida do posible trataremos de que todos os alumnos que dan libros poidan tamén recibir todos ou algúns dos libros que necesitan.
Con respecto aos alumnos de primeiro da ESO, compre sinalar que a preferencia para recibir libros terana os alumnos que participan nos programas de intercambio, tanto no CEIP Isidro Parga Pondal, como no CEIP Luis Seoane.
Os libros poden entregarse o dia 25, nas aulas, ou durante toda esa semana en horario de mañá.
Poderase pasar a recoller libros os días 3, 4 e 5 de xullo en horario de 16:30 a 18:30. No caso de que nos queden libros por entregar habilitaremos días no mes de setembro.
Estade, polo tanto atentos á nosa páxina web, na que iremos anunciando novidades ao respecto.

Dende a directiva da ANPA desexámosvos a todos un bo verán.

Un Saúdo
A directiva ANPA OS PAZOS

Comparte

Diptico de actividades culturais 2013

Diptico

 

 

Facendo click na imaxe podedes descargar o diptico das actividades culturais 2013.

Comparte

Mobilizacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público contra da LOMCE

Plan de mobilizacións contra da LOMCE en xuño

Calendario de mobilizacións para o mes de xuño

Comparte

¿Por qué estamos en contra da Lai Wertz?

1.    Aumenta a ratio por aula tanto en primaria como en bacharelato nun 10 %.

2.    Establece unha proba, similar ás antigas reválidas en 3º e  6º de primaria, finais da ESO e o Bacharelato.

3.    Porque abre a porta definitivamente á privatización do ensino público.

4.    Porque deixa sen efecto a actual obriga da administración de ofrecer unha praza na escola pública, a todo cidadán que o solicite para o seu fillo. Basta con que se ofreza unha praza dun centro concertado, sexa ou non relixioso.

5.    Equipara os centros educativos a empresas. Considérase ao Director un Xerente da escola, que so debe dar explicacións á administración. . O Xerente será o encargado de contratar os servizos do centro coas diversas empresas de recursos, tecnoloxías, infraestruturas e persoal docente.

6.    Reduce aínda máis a representación de pais e profesores nos Consellos Escolares e tamén a potestade deste órgano no funcionamento das escolas.

7.    Blinda os concertos para colexios que segregan por sexo. Segrega e finalmente expulsa o alumnado con problemas de aprendizaxe.

8.    Dificulta a obtención do título de graduado en ESO ao alumnado de FP básica. En caso de ter aprobado todos os exames dos tres cursos da ESO o estudante non contará co título se non aproba a reválida, aínda que non  teña interese en seguir co Bacharelato.

9.    Rebáixase ao 40% a incidencia da media para acceso á Universidade e desaparece a existencia dunha proba igual, para centros públicos, privados ou concertados. Faranse probas a determinar con avaliación en cada centro. As notas do centro de procedencia, sen control administrativo no caso dos colexios e institutos privados e concertados, contarán un 60% para fixar a nota de acceso á Universidade. Non se fala de quen fará a avaliación, en última instancia,  do funcionamento dos centros.

10.  Dota de presuposto aos centros en función dos proxectos non das súas necesidades pedagóxicas e sociais.

11.  Considera avaliable a materia de Relixión e considera competencia das autoridades relixiosas tanto o temario como o profesorado.

12.  Fai desaparecer a materia de Educación para a Cidadanía.

13.  Pon as bases para cuestionar no futuro o ensino das linguas propias de comunidades autónomas. A única lingua vehicular no ensino será con esta lei o español. O galego, o vasco e catalán non teñen esa consideración.

14.  Foméntase a inequidade e a competencia entre todos os centros.

A Lei Wertz foi aprobada polo Consello de Ministros o pasado 17 de maio. Segue o seu trámite parlamentario. O proxecto do goberno é que entre en vigor no 2014 .

Comparte

Axudas para mercar libros de texto

Estimadas familias

A Xunta de Galicia publica as súas axudas para familias que teñan fillos/as matriculados/as en centros sostidos conn fondos públicos de educación primaria, secundaria e especial, Boe da publicación.

Comparte

Acto informativo da LOMCE

Acto 5 xuñoAs ANPAs de Oleiros, coa colaboración do Concello de Oleiros, e a participación da Federación Provincial de Anpas, CONFAPA Galicia e a Plataforma en Defensa do Ensino Público, presentarán un acto informativo en torno á LOMCE no Auditorio de A Fábrica, de Perillo, o vindeiro mércores 5 de xuño ás 19:30 horas.

Trátase dun acto no que diferentes membros das organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público ofrecerán unha charla informativa sobre o contido e o estado actual da LOMCE, así coma unha presentación do calendario de mobilizacións previstas a nivel autonómico e estatal para o vindeiro mes de xuño en defensa do ensino público e contra a LOMCE e os recortes en materia de educación.

Comparte