Archivo por meses: junio 2015

Premiado no Certame Don Bosco o grupo de teatro do IES María Casares

O grupo de Teatro do noso instituto conseguiu o cuarto premio na categoría cadetes no Certame de Teatro Afeccionado Don Bosco na súa edición número 18.

A súa obra “Tolemias”, dirixida por Ramiro Neira, foi distinguida entre as 92 que se presentaron este ano no certame que se desenvolve no Colexio Calvo Sotelo dependente da Deputación Provincial.

O grupo de Teatro do María Casares é producto dunha actividade da Anpa que se mantén nos últimos anos con éxito de convocatoria importante e supón unha aposta pola difusión da cultura e o fomento da súa relación no desenvolvemento persoal dos estudantes do instituto

Queremos mediante este escrito dar a noraboa aos premiados e lembrar que está aberta a convocatoria de prazas nesta actividade para o próximo ano dentro da documentación das follas de matrícula.

Subliñamos o esforzo e dedicación destas rapazas e rapaces na conformación dunha montaxe singular absolutamente orixinal no seu fondo e nas súas formas.

De novo o nome do Instituto vese relacionado cunha actividade que subliña o mérito dos estudantes co fomento de actividades que potencian as habilidades adquiridas na súa formación academica.

Noraboa

A Xunta directiva

Comparte

Impreso para entrega/recollida dos libros da ANPA 2015-2016

Descarga o impreso

Comparte

Banco de libros

Estimadas familias,

Este curso a ANPA OS PAZOS continúa coa campaña de intercambio de libros de texto, que funcionará de xeito simultáneo co banco que organiza a Xunta de Galicia, e que será xestionado pola Dirección do instituto.

Ao igual que o curso pasado, as familias que deixen os libros terán preferencia á hora de recollelos, para poder levar a cabo este control é necesario que cubrades o impreso que recolleredes no momento en que os entreguedes. Esta preferencia non garante o dereito a recoller libros, habida conta
que non depende de nós, ter dispoñibles os das materias que cada familia necesite, mais na medida do posible trataremos de que todas as alumnas e alumnos que dan poidan tamén recibir, todos ou algúns dos libros que necesitan.

Este ano cómpre sinalar que, con case toda probabilidade, non servirá ningún libro de 1º nin de 3º da ESO, en calquera caso aquelas persoas que poidades entregalos,  facédeoo por se finalmente servira algún.

Lembrade que as familias que compraron libros co “cheque” da Xunta é obrigado que os entreguen á Dirección do centro. Nós estamos traballando en colaboración co instituto e acordamos que os libros que entreguedes para o banco da ANPA debedes deixalos en bolsas e debidamente identificados, e necesario ademais que indiquedes no impreso, detalladamente que é o que solicitades.

Os libros poden entregarse en horario de mañá os días 19, 22, 23 e 25 de xuño, así como de 16:30 a 17:30 o día 25.

Poderase pasar a recoller libros os días 29 de xuño en horario de 17:30 h a 19:00 h e o día 30 de xuño en horario de 16:30 h a 18:30 h

No caso de que nos queden libros por entregar habilitaremos días no mes de setembro.

Estade, polo tanto atentos á nosa páxina web, na que iremos anunciando novidades ao respecto.

Calquera dúbida podedes consultárnola no noso correo:
info@anpaospazos.es

Recibide un cordial saúdo

A directiva da ANPA OS PAZOS

Comparte

Alumos e alumnas de 3ºESO vencedores no “Rallye matemático sen fronteiras”

Alumos e alumnas de 3ºESO vencedores no “Rallye matemático sen fronteiras”

Comparte