Archivo de la categoría: Novas

Prestacións de apoio á escolarización

Publicáronse no BOP da Coruña as bases e a convocatoria para as Prestacións de apoio á escolarización do Concello de Oleiros para o curso 2017/2018.

Acceso a o BOP

Aqui tedes o Formulario para facer a solicitude

Comparte

Recollida de aceite

Dende o Voluntariado de Oleiros solicitouse levar a cabo, como en anos anteriores, unha campaña de recollida para o Banco Solidario nos centros de ensino público de Oleiros. Este ano a recollida centraríase nun produto concreto, básico e de moita necesidade para completar outros productos que se entregan habitualmente: o aceite, tanto de oliva como de xirasol.

Para este fin queríamos solicitar a vosa colaboración para a difusión da campaña ás familias polos vosos medios nas redes sociais. A través do alumnado vos chegará unha carta ás familias solicitando a vosa participación. Achegamos o cartel da campaña e a carta que os levarán ás casas para que teñades a información.

A campaña está previsto que dure dende o luns 8 de maio ata o venres 19 de maio. Solicitamos conter a divulgación ata o luns día 8.

Comparte

Obradoiro de comunicación e xestión emocional

Dende a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros recibimos unha información que creemos pode ser de interese para as familias: o próximo luns 20 de marzo, a partir da 10:00 h, ábrese o prazo de inscrición a través da web municipal para a 2ª edición do Obradoiro “Comunicación e xestión emocional no entorno familiar

Comparte

Subvención do Concello de Olieros

O Concello de Oleiros concedeu unha subvención a ANPA Os Pazos.

Documento do Concello

Comparte

Nota da CEAPA acerca da folga

Nota da CEAPA sobre a folga e o recurso contra as revalidas

Comparte

Carta aberta da CEAPA

Carta aberta da CEAPA sobre a campaña por os deberes

Comparte

Nota informativa

Estimadas familias:

O pasado día 19 enviamos unha nota na que dabamos información ao respecto das actividades que están previstas para este curso. Na dita nota consta, por erro, que a actividade OBRADOIRO  DE TEATRO ten un custo de 40 €/cuadrimestre os socios e 60 €/cuadrimestre os non socios, cando o correcto é:

OBRADOIRO  DE TEATRO .  Martes e mércores de 16:30 h a 18:00 h. Custo da actividade: 60 €/cuadrimestre os socios e 80 €/cuadrimestre os non socios

Aproveitamos esta ocasión para informarvos de que odedes entregar as solicitudes na Secretaría do Centro, no buzón da ANPA, ou se prefierides podedes envialas ao noso correo electrónico.

As actividades comezarán no mes de outubro. Pedímosvos disculpas polo erro.

Recibide un codial saúdo.

Xunta Directiva

Comparte

Calendario Escolar curso 2016/2017

Aquí podedes consultar o calendario escolar para o curso 2016/2017 que se publicou no DOG o 15 de xuño.

Comparte

Becas para o curso 2016/2017

Aquí podedes consultar a información da convocatoria de becas bacharelato, FP e outras ensinanzas.

Convocatoria de Becas

Comparte