Archivo de la categoría: Sin categoría

INFORME DE NECESIDADES

Comparte

NOTA INFORMATIVA SOBRE A DOTACIÓN DE PERSOAL PT PARA O CURSO ACADÉMICO 2019-2020 NO I.E.S MARÍA CASARES

Comparte

Convocatoria de protesta mércores 9 de outubro 11a.m.

Comparte

Aviso: Actividades Extra escolares

Bastiagueiro, 3 de outubro de  2019

Estimadas familias:

Nesta semana iniciaronse as actividades extra escolares, pero pola falta de inscripcions nas actividades de teatro e  técnicas de estudio non  vaise poder levar a cabo. Así que ó final solo vaise ofrecer inglés neste curso académico 2019-20.

Aínda podese  facer a inscrición; para participar e necesario que entreguedes a folla adxunta na secretaria ou no buzón de correos da ANPA. Tamén nola podedes facer chegar por correo electrónico.

Actividade   Días Horario Espazo Prezo Socios
cuadrimestre
Non Socios matrícula
Inglés
(1º-4º ESO)
martes 16:30-18:00 IES 80€ 30€

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós no enderezo electrónico da ANPA, anpamcasares@gmail.com

Proximamente informarémosvos sobre a Xuntanza d@s soci@s da ANPA  para comezar  entre tod@s a nova andadura neste curso 2019/20.

Xunta Directiva

ANPA Os Pazos

IES Maria Casares

Comparte

Educación Sen Medos

Comparte

Aviso Importante

O prazo para a inscrición das actividades remata o día 27 de setembro. O pago do 1º prazo realizarase na primeira semana da actividade.

Comparte

Ficha de Socio Curso 2019-20

Comparte

Ficha de Inscrición de Actividades 2019-20

Comparte

Benvidos ó curso 2019-20

                                                          Bastiagueiro, 15 de setembro de  2019

Estimadas familias:

En nome da Xunta Directiva da ANPA Os Pazos, queremos darvos a benvida un ano máis.

Informámosvos que o centro conta con mais de 600 alumnos e arredor de 100  familias son socias da ANPA. As familias que esteades interesadas en ser socios da ANPA debedes cumprimentar o formulario que vos achegamos coa matricula e facer o ingreso da cuota (25 €/familia) na nosa conta. Na nosa web tamén está dispoñible o formulario e información para facer o ingreso da cota.

Aproveitamos para informarvos de que en breve empezaremos a organizar os grupos de actividades extraescolares do curso 2019/202, tedes tempo ata o día 27 de setembro para facer a inscrición; para participar e necesario que entreguedes a folla adxunta na secretaria ou no buzón de correos da ANPA. Tamén nola podedes facer chegar por correo electrónico.

As actividades pensadas para este curso 19/20 son:

Inglés, Técnicas de estudio e Teatro.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós no enderezo electrónico da ANPA, anpamcasares@gmail.com

Proximamente informarémosvos sobre a Xuntanza d@s soci@s da ANPA  para comezar  entre tod@s a nova andadura neste curso 2019/20.

Xunta Directiva

ANPA Os Pazos

IES Maria Casares

Comparte