Folga do 26 outubro

Estimadas ANPAS.

Como diciamos en comunicacións anteriores, o día 26 está convocada unha folga de estudantes en protesta polas reválidas cuestionadas por toda a Comunidade Educativa, e en contra da LOMCE. As familias debemos apoiar esta convocatoria de folga xa que pon en perigo o futuro dos noso fillos e fillas, supeditando o futuro do alumnado a unha proba inxusta e innecesaria polas razóns que expomos no comunicado que xuntamos.

Pedimos a todas e todos vos que fagades exposición pública nas vosas páxinas webs, redes sociais, nos medios que utilicedes habitualmente para comunicarvos coas familias, na procura de facer a máxima difusión posible do apoio das nais e pais a esta convocatoria de folga.

Moitas grazas. Un saúdo

Xunta Directiva Federación Prov. de ANPAS de Centros Públicos da Coruña.

Comparte