Inscrición nas Actividades

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR INGLÉS (ENGLISH CLUB)

O prazo de inscrición para a actividade English Club continúa aberto.

Trátase dunha actividade de 2 horas semanais que se realizan un só día. É necesario que os interesados e interesadas escollan 1 día, MARTES O MÉRCORES (en ningún caso se pode asistir os dous días), polo que se debe indicar na inscripción que día se escolle.

No caso de non ter alumnos/as suficientes para os dous días impartirase unicamente os MARTES.

As  clases comezarán o MARTES, día 11/10/2016, polo que a cota do mes de outubro será de 10 € para os socios y 15 € para os non socios.

A inscrición pode realizarse tanto a través da páxina web da ANPA Os Pazos (anpaospazos.es), ou ben chamando ao teléfono 675 551 754.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR TEATRO

A actividade comezará de teatro comezará o martes día 04/10/2016.

Iniciación: IES María Casares
Avanzado: As Torres

Horario: 16.30 h. -18.00 h.

Comparte