Atención educativa ao alumnadoNEAE durante o confinamento por COVID-1

Saúdos,

Desde a plataforma reivindicativa ‘Dereitos, non parches’ estamos intentando recoller datos para ver como están sendo atendidos os dereitos educativos do alumnado con NEAE de Galiza durante este confinamento, co fin de poder seguir loitando e concienciando para garantir unha educación verdadeiramente inclusiva. 

Con ese obxectivo, temos elaborado un cuestionario para que as familias poidan compartir a súa realidade neste sentido. Pedímosvos, que se o considerades axeitado, difundades nas vosas redes ou aos vosos contactos que podan sentirse apelados a ligazón do cuestionario, que estará aberto ata o próximo luns 20 de abril á noite: https://forms.gle/9x99v1dYfaj1EatL6.

A nosa intención, se os datos recollidos son significativos, e difundilos aos medios de comunicación. Nese caso, nos gustaría saber se dades o voso consentimento para facer pública a vosa colaboración ou o apoio á iniciativa. Para calquera dúbida podedes contactar no noso correo electrónico: dereitosnonparches@gmail.com

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Comparte