VII Andaina contra a Violencia de Xénero

Bo día!

Dende a concellería de Servizos Sociais queremos invitarvos a participar na VII Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas arredor da Ría do Burgo o sábado 24 de novembro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Esta andaina está organizada e apoiada por todos os concellos co obxeto de amosar o rexeitamento de todas as veciñas e veciños das Mariñas ao maltrato, á violencia e á desigualdade de xénero.

É unha andaina de carácter inclusivo e accesible en todo o seu percorrido co obxectivo de que participe toda a sociedade dende a xente maior aos nenos e nenas de cada familia.

A saída é ás 10:30 h na Casa das Palmerasxunto á ponte do Burgo, pola parte de Cambre, onde está a marquesina grande da parada do bus. Dende ás 10:00 h estaremos dando a benvida ás persoas participantes para poder iniciar á andaina puntualmente.

A andaina rematará no CEIP Portofaro, tamén en Cambre, a carón da ría, sobre as 12:30 h, onde se leerá un manifesto contra a violencia de xénero.

Podedes participar facendo toda a andaina, unha parte ou achegándovos á súa chegada ao CEIP Portofaro. Achego a imaxe do cartel anuncindo a andaina e outro co percorrido en formato JPG para poder compartir polo whatsapp mais fácilmente.

Por favor compartide esta información coas familias dos vosos centros para tentar que sexa masivo e visible o rechazo á violencia de xénero por parte de toda a sociedade, nun ano como este 2018 onde, tras o 8M, penso que se inciou un camiño real e consciente pola igualdade que xa non ten volta atrás e no que debemos ser todas e todos partícipes, tendo a responsabilidade de transmitilo tamén aos nosos fillos e fillas.

Moitas grazas coma sempre pola vosa colaboración. Unha aperta

nacho

Ignacio Crespo López

Concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade

https://www.facebook.com/servizossociaisoleiros

Comparte