Campaña QUEN DIXO MEDO? Deputación da Coruña. Difusión “Aprendemos xunt@s. Charla Afectividade sexualidade”

Estimados Señores e Señoras:

A violencia de xénero converteuse nos últimos anos nunha lacra social, que afecta a toda a sociedade, a todos e todas por igual. Ante esta situación, debemos reaccionar; primeiro, recoñecendo que o problema existe e persiste, analizando os motivos que a causan para finalmente actuar contra ela de xeito contudente e decidido.

Ante estas situacións, o medo non pode ser unha opción; como individuos non podemos ter medo a denunciar a violencia, a actuar contra ela ou a protexer ás vítimas que a sofren. O medo é un elemento coactor que nos impide apreciar obxectivamente os problemas que nos rodean, por iso compre superalo.

Nace así campaña “ Quen dixo medo?” unha  campaña impulsada pola Deputación da Coruña encamiñada á sensibilización e prevención da violencia de xénero e a dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as súas diversas manifestacións.

No presente proxecto, participan os concellos pertencentes á provincia da Coruña con menos de 20000 habitantes, nos que se desenvolverán durante os anos 2017-2018 accións de carácter formativo, coeducativo e informativo.

Nesta ocasión, temos o pracer de convidalos e convidalas a unha charla informativa sobre afectividade e sexualidade, facetas fundamentais na vida das persoas que cobran especial relevancia na etapa da adolescencia. Resulta fundamental por tanto, desenvolver unha ética social que permita establecer relacións baseadas na igualdade, responsabilidade, e no respecto á diversidade sexual e de xénero, ao tempo que se eliminan as crenzas e prexuízos infundados en torno á sexualidade.

Dito evento terá lugar no concello de Sada, día 28 de novembro, no Salón de usos múltiples do IES Isaac Díaz Pardo. Sada. Horario de 19:00 a 20:30.

Esperamos contar coa súa participación e agradecemos de antemán a súa colaboración.

Reciban un cordial saúdo.

Díptico charla afectividade-sexualidade (1)

cartel charla volta ao cole disciplina positiva (1)

 

Comparte