Apoio a escolarización

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros informarvos que na Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros de onte xoves aprobáronse as bases e a convocatoria das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018.

Estas axudas son unha das medidas pola inclusión social coas que conta a concellería de Servizos Sociais e Sanidade co obxectivo de apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir, neste caso, os gastos extraordinarios que xenera o inicio do curso escolar nunha familia.

As novedades respecto anos anteriores son o incremento das cuantías das axudas así como o límite para acceder ás ditas axudas, ambas medidas permitirá acceder a mais familias e que as axudas recibidas sexan maiores.

Desta forma o importe das axudas para o curso 2017/2018 serán os seguintes:

–       2º ciclo de educación infantil: 70 €

–       Educación primaria: 80 €

–       ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 €

–       Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €

Nos próximos días vaise publicar no BOP a dita convocatoria, momento no que se abrirá o prazo para facer as solicitudes. Todas familias serán informadas desta convocatoria a través de cartas entregadas ao alumnado dos centros públicos de Oleiros, ademais de darlle difusión a través dos paneis informativos, web municipal, Radio Oleiros e redes sociais.

Comparte