Un dos grupos de teatro do centro, actividade que organiza a ANPA a través da empresa Artestudio Xestión Cultural, gañou de novo o 4º Premio na Categoría Cadete do Concurso Candilejas Don Bosco coa obra “Irene Mendiluce”.
Esta obra será ademáis incluída no programa de actividades para o curso 2016/2017 que oferta o Concello de Oleiros.
Aquelas persoas que non pudieron asistir ás representacións que se fixeron no auditorio do centro Calvo Sotelo e do Auditorio de Mera poderán ver a obra no teatro Colón o vindeiro mes de outubro, así como no auditorio de mera o 25 de novembro, dentro do programa de actividades que se realizan con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.