Archivo de la categoría: Actividades

Obradoiros de mellora da comunicación familiar

Comparte

Actividades extraescolares curso 2017/2018

Dende o ANPA “Os Pazos” estamos estudando a posibilidade de iniciar para curso 2017/2018 novas actividades extraescolares. Necesitamos coñecer os vosos intereses para poder ofertalas e facer os grupos.

Gustaríanos que os/as interesados/as en participar nestas actividades marcásedes as vosas preferencias neste formulario e entregásedes a folla canto antes na Secretaría do centro ou no buzón da ANPA.

As actividades a elexir son:

OBRADOIRO DE TEATRO (martes e mércores 16:30 a 18:00). 15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

INGLÉS (martes 16:30 a 17:30. Unicamente para alumnos/as de 1º e 2º da ESO) 15 € ao mes socios /20€ ao mes non socios

TÉCNICAS DE ESTUDO (Están pendentes de concretar tanto os horarios como os prezos, porén prevemos que sexan similares aos das outras actividades)

Comparte

Xornada “Menores e o mundo dixital”

O uso xeneralizado da internet é unha das grandes revolucións de principios deste século, fomentar o seu uso en todas as disciplinas é unha das aspiracións da educación actual, pero estas cuestións tan positivas débense acompañar dunha educación sobre o que significa a privacidade e a confiabilidade, a proteción de datos, a propiedade intelectual, o uso das redes sociais, Chat, navegación por Internet, uso do correo electrónico, foros, xogos online.etc e todo isto é do que falaremos nesta xornada que cremos vai ser de gran utilidade e aprendizaxe.

O cartaz  inclúe  “codigo qr” que enlaza co noso formulario de suscrición. É moi cómodo para non tener que escribir no móvil a dirección web.

Comparte

Concursos prensa escuela

Achegamos uns concursos que poden ser do voso interese.

http://promociones.lavozdegalicia.es/concursofotografia/112016_bases.pdf

http://www.prensaescuela.es/participa/concursos/201-concurso-mejor-periodista-2017

Comparte

Xornada Asociacion ADAFAD

Estimadas familias les informamos de una Jornada gratuíta que  va ser desarrollada por la Asociación ADAFAD que creemos puede ser de su interés. El título es “El ser adolescente de la ¿post? crisis”.

La jornada se celebrará el lunes, 24 de octubre de 2016 en horario de mañana y tarde en la sede de la Fundación Paideia (Plaza de María Pita, 17. 15001. A Coruña). La inscripción es gratuita y puede verse el programa en ADAFAD

 

Comparte

Inscrición nas Actividades

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR INGLÉS (ENGLISH CLUB)

O prazo de inscrición para a actividade English Club continúa aberto.

Trátase dunha actividade de 2 horas semanais que se realizan un só día. É necesario que os interesados e interesadas escollan 1 día, MARTES O MÉRCORES (en ningún caso se pode asistir os dous días), polo que se debe indicar na inscripción que día se escolle.

No caso de non ter alumnos/as suficientes para os dous días impartirase unicamente os MARTES.

As  clases comezarán o MARTES, día 11/10/2016, polo que a cota do mes de outubro será de 10 € para os socios y 15 € para os non socios.

A inscrición pode realizarse tanto a través da páxina web da ANPA Os Pazos (anpaospazos.es), ou ben chamando ao teléfono 675 551 754.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR TEATRO

A actividade comezará de teatro comezará o martes día 04/10/2016.

Iniciación: IES María Casares
Avanzado: As Torres

Horario: 16.30 h. -18.00 h.

Comparte

Festival Galicreques

galicrecques

Comparte

Folla para a inscrición de Actividades 2016

Folla para a inscrición de actividades 2016

Comparte

Actividade English Club 2016/2017

Cartel da actividade de inglés English Club para o curso 2016/2017.

Comparte