Asemblea ordinaria

Estimadas familias,

Poñémonos en contacto con vós, co obxecto de convocarvos a unha asemblea ordinaria, o vindeiro mércores, día 18 de xuño, ás 18:00 horas en primeira convocatoria, e ás 18:30 horas en segunda, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2. Informe da presidenta (actividades,etc.).
3. Aprobación de contas.
4. Banco de libros.
5. Renovación da Xunta Directiva.
6. Asuntos varios.
7. Quenda aberta de intervencións.

A directiva
ANPA OS PAZOS

Comparte