Carta de Benvida

 

Bastiagueiro, 19 de setembro de  2018

 

 

Estimadas familias:

 

En nome da Xunta Directiva da ANPA Os Pazos, queremos darvos a benvida un ano máis.

 

Informámosvos que o centro conta aproximadamente con  600 alumnos e arredor de 120  familias son socias da ANPA. As familiar que esteades interesadas en ser socios da ANPA debedes cumprimentar o formulario que vos achegamos coa matricula  e facer o ingreso da cota (25 €/familia) na nosa conta. Na nosa web tamén está dispoñible o formulario e información para facer o ingreso da cota.

 

Aproveitamos para informarvos de que en breve empezaremos a organizar os grupos de actividades extraescolares do curso 2018/2019, tedes tempo ata o día 24 de setembro para facer a inscrición; para participar e necesario que entreguedes a folla adxunta na secretaria ou no buzón de correos da ANPA. Tamén nola podedes facer chegar por correo electrónico.

 

As actividades pensadas para este curso 18/19 son: Técnicas de estudo, Inglés e badminton.

 

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós no enderezo electrónico da ANPA, info@anpaospazos.com.

 

Proximamente informarémosvos sobre a Xuntanza d@s soci@s da ANPA  para comezar a entre tod@s a nova andadura neste curso 2018/19.

 

 

Xunta Directiva

ANPA Os Pazos

IES Maria Casares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comparte