Estimadas familias,
Poñémonos en contacto con vós, co obxecto de convocarvos a unha asemblea ordinaria, o vindeiro mércores, día 7 de xuño, ás 18:30 horas en primeira convocatoria, e ás 19.00 horas en segunda, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Informe da presidenta.
- Información e adopción de acordos ao respecto da solicitude de subvencións.
- Revisión e aprobación anual das contas.
- Banco de libros.
- Acordo sobre CONFAPA.
- Actividades da ANPA para o curso 2017/2018.
- Asuntos varios.
- Quenda aberta de intervencións.
A directiva
ANPA OS PAZOS