Estimadas ANPAS
O sábado día 8 de novembro querémonos reunir con vós para falar das eleccións a Consellos Escolares, instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro Escolar. Organizamos na sede da Federación unha charla coloquio para falar da importancia e do dereito, agora máis que nunca coa aprobación da LOMCE, da participación das nais e pais no principal órgano de xestión e control do Centro no que están os nosos fillos e fillas.
Como ANPAS debemos tratar de convencer aos pais e nais a que se presenten a estas eleccións, polo que vos pedimos que anímedes tamén ás familias a acompañarvos e vir a este encontro para coñecer qué é o Consello Escolar, quén forma parte del, qué competencias ten, cómo se renova, etc.
LEMBRADE:
DÍA: SÁBADO DÍA 8
LUGAR: Federación Provincial ANPAS. Rúa Orzán Número 21 A Coruña
HORA: 10:30 horas
Saúdos
Federación provincial ANPAS