As ANPAs de Oleiros, coa colaboración do Concello de Oleiros, e a participación da Federación Provincial de Anpas, CONFAPA Galicia e a Plataforma en Defensa do Ensino Público, presentarán un acto informativo en torno á LOMCE no Auditorio de A Fábrica, de Perillo, o vindeiro mércores 5 de xuño ás 19:30 horas.
Trátase dun acto no que diferentes membros das organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público ofrecerán unha charla informativa sobre o contido e o estado actual da LOMCE, así coma unha presentación do calendario de mobilizacións previstas a nivel autonómico e estatal para o vindeiro mes de xuño en defensa do ensino público e contra a LOMCE e os recortes en materia de educación.