Gracias pola vosa presenza!

Unha tarde de reividicacións polos dereitos do alumnado do noso centro.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/oleiros/2022/01/18/reclaman-pt-ies-maria-casares-bastiagueiro/0003_202201H18C6992.htm

Comparte

Comparte

Comparte

Petición de persoal PT para o IES María Casares

O colectivo de familias do IES María Casares, representados pola Anpa Os Pazos e de acordo co resto da comunidade educativa do instituto, despois da adxudicación dun só especialista PT para o centro neste curso académico 2021-2022, solicita á
Administración Educativa o nomeamento de máis especialistas PT debido á alta taxa de alumnado con necesidades especiais (NEE) e de necesidades de apoio educativo (NEAE).

Neste curso están matriculados 587 alumnas e alumnos. Do total do alumnado, 10 alumnas e alumnos presentan NEE, e outros 24 presentas distintas NEAE.

O pasado curso académico, o centro contaba con dous profesores de pedagoxía terapéutica (PT), o que xa era moi xusto para as necesidades do instituto; pero no actual, aínda que se incrementou o alumnado que require atención por parte do profesorado PT, a contratacións de estes especialistas reduciuse á metade, e só contamos cunha profesora con este perfil.

A situación actual é insostible: o alumnado con NEE non está a recibir a atención axeitada, e os rapaces e rapazas con NEAE non están a ser atendidos por profesorado especializado; e tampouco o resto do alumnado está a recibir a atención adecuada, dado que sen o apoio de especialistas en varios destes casos, a situación nas aulas vólvese moi complicada: dificultades do profesorado para dar clase, retrasos nos contidos, etc.

Por todo isto, solicitamos o nomeamento de máis profesorado PT, na maior brevidade posible, para o centro.

De non tomarse con urxencia as medidas oportunas, esta ANPA levará a cabo as mobilizacións que sexan precisas para garantir o benestar do alumnado do noso Centro.

A Xunta Directiva
ANPA Os Pazos IES Maria Casares

Comparte

English club


Os recordamos que podéis preinscribiros en la actividad extraescolar English club cubriendo esta hoja y entregándola con la matrícula. Si no podéis acercaros al instituto también podéis enviar una foto al teléfono 675551754 o al correo ludusenglish.com@gmail.com

Comparte

Agarimosa despedida do alumnado a Paco.

Paco xubílase, 25 anos no noso centro, sempre aconsellando con dedicación ao alumnado.

Paco na sua labor de orientador e como persoa, sempre cercano e conciliador, recibe o cariño de toda a comunidade educativa.

No IES María Casares sempre terás as portas abertas. Un orgullo xubilarse deste xeito, Paco. Graciñas por tanto.

https://www.instagram.com/tv/COSg_VcI_bc/?igshid=1y0jg6se5agda

Comparte

¡Últimas 3 plazas!

Comparte

O María Casares é noticia

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2021/04/08/adios-gusanitos-46163122.html

Comparte

PLAN DE CENTRO SAUDABLE

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmariacasares/

Dende Anpa Os Pazos facendo sinerxia co IES María Casares, Concello de Oleiros, Gadis e «Frutería La Huerta»

PASÁDEOS A UNHA VIDA MAIS SAUDABLE E SOSTIBLE

Comparte