Estimadas familias,
Este curso a ANPA OS PAZOS continúa coa campaña de intercambio de libros de texto, que funcionará de xeito simultáneo co banco que organiza a Xunta de Galicia, e que será xestionado pola Dirección do instituto.
Lembrade que as familias que compraron libros co “cheque” da Xunta é obrigado que os entreguen á Dirección do centro. Nós estamos traballando en colaboración co instituto e acordamos que os libros que entreguedes para o banco da ANPA debedes deixalos en bolsas e debidamente identificados.
Este ano cómpre sinalar que, con case toda probabilidade, non servirá ningún libro de 2º nin de 4º da ESO, cursos que se incorporan á LOMCE, polo que non se recolleran libros deses cursos salvo que se rexistre algún cambio no calendario de aplicación da lei.
Recollida de libros
Os libros de 1º, 3º de ESO ne 1º de BAC poderán deixarse na aula de titorías (planta baixa) os días 22 e 23 de xuño en horario de mañá, así como de16:30 a 18:30 o día 27.
Solicitude de libros para o próximo curso:
Coa finalidade de poder preparar os lotes de libros da mellor forma posible, é necesario que todas as familias solicitantes cumprimenten o documento adxunto, marcando cales son os libros que se solicitan, xa que debido á optatividade ofertada polo centro non todo o alumnado cursa as mesmas materias.
Criterios de adxudicación:
1º ESO: Terán preferencia na adxudicación aquelas familias que fixesen entrega dos libros de 6º de primaria no centro de procedencia.
3º ESO e 1º BAC: Debido a que o alumnado que vai cursar estes niveles non pode facer entrega de libros de texto, repartiranse equitativamente entre as familias solicitantes.
Recollida de libros
Poderase pasar a recoller libros os días 29 e 30 de xuño en horario de 16:30 h a 18.30 h e o día 30 de xuño en horario de 16:30 h a 18:30 h.
Os libros solicitados que non se recollan nestes prazos, poderán retiralos calquera outra persoa o mesmo día 30/06/2016 de 18.30 a 19.00h.
Habilitaremos días no mes de setembro un novo prazo de recollida e adxudicación de libros. Estade, polo tanto, atentos á nosa páxina web, na que iremos anunciando novidades ao respecto.
Calquera dúbida podedes consultárnola no noso correo: info@anpaospazos.es
Recibide un cordial saúdo
A directiva da ANPA OS PAZOS