A Universidade da Coruña organiza os días 23 e 24 de abril unhas Xornadas de Portas Abertas Virtuais para amosar os seus títulos a futuros estudantes

https://www.udc.es/es/novas/A-Universidade-da-Coruna-organiza-os-dias-23-e-24-de-abril-unhas-Xornadas-de-Portas-Abertas-Virtuais-para-amosar-os-seus-titulos-a-futuros-estudantes/
Comparte

Atención educativa ao alumnadoNEAE durante o confinamento por COVID-1

Saúdos,

Desde a plataforma reivindicativa ‘Dereitos, non parches’ estamos intentando recoller datos para ver como están sendo atendidos os dereitos educativos do alumnado con NEAE de Galiza durante este confinamento, co fin de poder seguir loitando e concienciando para garantir unha educación verdadeiramente inclusiva. 

Con ese obxectivo, temos elaborado un cuestionario para que as familias poidan compartir a súa realidade neste sentido. Pedímosvos, que se o considerades axeitado, difundades nas vosas redes ou aos vosos contactos que podan sentirse apelados a ligazón do cuestionario, que estará aberto ata o próximo luns 20 de abril á noite: https://forms.gle/9x99v1dYfaj1EatL6.

A nosa intención, se os datos recollidos son significativos, e difundilos aos medios de comunicación. Nese caso, nos gustaría saber se dades o voso consentimento para facer pública a vosa colaboración ou o apoio á iniciativa. Para calquera dúbida podedes contactar no noso correo electrónico: dereitosnonparches@gmail.com

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Comparte

A USC conecta co ensino medio nuns encontros virtuais do 6 ao 8 e abril

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/usc-conecta-ensino-encontros-virtuais-6-8-abril
Comparte

Horarios de clases de apoio do ministerio de educación

O ministerio de educación va emitir unhas clases de apoio na TVE no seguinte horario.

Comparte

MENSAXE IMPORTANTE DA ANPA OS PAZOS

A dirección do instituto non pode colgar información porque a Xunta ten bloqueadas as påxinas dos centros temporalmente. Tan pronto funcionen, subirán información do noso centro Estade atentos e entrar na páxina para informarvos.

Por favor, difundide está mensaxe e que chegue a todas as familias

Comparte

Charla informativa:“Mocidade baixo tormentas, alcohol e outras”

Estimadas familias

Dende o ANPA temos unha fonda preocupación sobre o consumo de alcol e drogas que se está xerando  por parte do alumnado.

Por iso, convidámosvos a participar na próxima charla informativa sobre o tema, ofrecida no programa do Concello de Oleiros, que será impartido por miembros de ADAFAD, “Mocidade baixo tormentas, alcohol e outras” o vindeiro xoves 26 de marzo as 18:30 h no instituto.

Os adelantamos os contidos e metodoloxía do obradoiro:

Intervencion preventiva dirixida a nais e pais

Cada charla ten unha duración aproximada aprox. 90 minutos

Contidos:

Mocidade baixo tormentas: alcol e outras”

Tratarase con nais e pais a situación actual dos consumos de alcol e outras drogas nos

menores de idade incidindo nos factores de protección fronte ós mesmos.

• Aquí e agora: vellos coñecidos actuais

• A gota que colma o vaso!

• Á tarefa, están ahí! Supoñamos escenarios…

Destinatarios/as:

Pais e nais con fillos/as cursando estudios no IES Maria Casares do Concello de Oleiros

interesados/as en participar.

Metodoloxía

Utilizarase unha metodoloxía activa e participativa. Tratarase a través de medios

audiovisuais e do diálogo acercarse ás situación de interese para os asistentes,

priorizando tempo e espazo, e plantexando conceptos imprescindibles, de forma que o

esforzó de asistentes e ponentes, supoña un campo de traballo común.

Dada a importancia do tema, contamos coa vosa participación

Un saúdo

ANPA OS PAZOS

Comparte

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS 2019

Dende a ANPA Os Pazos si IES María Casares queremos agradecer a @concellodeoleiros a subvención de 810€ para a realización de actividades extraescolares no noso centro.

Comparte

Nova acitividade de inglés «Advanced Conversation Lessons»

Xa empezou a funcionar a nova actividade de conversa en inglés. Aínda quedan prazas para poder anotarvos.

Comparte

AVISO: Nova acitividade de inglés: Advanced Conversation Lessons

Recordámoslles que o prazo de inscripción para as clases de Conversación del English Club remata o venres 31 de xaneiro.

Comparte