Archivo de la categoría: Actividades

Charlas consello escolar

Estimadas ANPAS

O sábado día 8 de novembro querémonos reunir con vós para falar das eleccións a Consellos Escolares, instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro Escolar. Organizamos na sede da Federación unha charla coloquio para falar da importancia e do dereito, agora máis que nunca coa aprobación da LOMCE, da participación das nais e pais no principal órgano de xestión e control do Centro no que están os nosos fillos e fillas.

Como ANPAS debemos tratar de convencer aos pais e nais a que se presenten a estas eleccións, polo que vos pedimos que anímedes tamén  ás familias a acompañarvos e vir a este encontro para coñecer qué é o Consello Escolar, quén forma parte del, qué competencias ten, cómo se renova, etc.

LEMBRADE:

DÍA: SÁBADO DÍA 8

LUGAR: Federación Provincial ANPAS. Rúa Orzán Número 21 A Coruña

HORA: 10:30 horas

 Saúdos

Federación provincial ANPAS

Comparte

Conferencia: Adolescentes, Internet y Prevención

Conferencia

Comparte

Inicio de actividades 2014/2015

AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA COMEZARÁN O DIA 1 DE OUTUBRO

FOLLA DE INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES 2014 2015

Comparte

Actividades 2014/2015

Estimadas familias,

Con data de hoxe facemos públicas, tanto na nosa páxina web, como nos taboleiros do centro as listaxes de admitidos nas actividades.

Habida conta que non cubrimos as prazas para levar a cabo a actividade de xadrez, ofertámola novamente.

Como novidade, cómpre sinalar que se trata dunha actividade na que se poden inscribir tamén os adultos (pais, nais, profesores e profesoras), terán preferencia, no caso de non chegar as prazas dispoñibles os/as estudantes. A actividade prográmase para a tarde dos martes en horario de 16.15h. a 17.45.h.

XADREZ         MARTES 16.15 a 17.45h.      15 €/mes

Socios da ANPA 10€/mes

Ofertamos asímesmo, a actividade deportiva de baloncesto, en dúas modalidades:

  1. MÉRCORES E VENRES de 16.00h a 17.00h. Nesta modalidade poden inscribirse alumnos e alumnas de calquera idade. (25€/mes. Socios da ANPA 20€/mes)
  2. MARTES E XOVES DE 16.00h. a 18.00h. Nesta opción pódense inscribir as nenas que se queiran incorporar a un equipo que xa estáfederado na categoria cadete femenino (anos de nacemento 1999 e 2000). Esta opción xorde, porque varias alumnas do centro partencian a un equipo desta categoría xa federado.(30€/mes. Socios da ANPA 25€/mes)

O prazo para inscribirse nestas actividades está aberto ata o vindeiro día 26 de setembro.

Pódense formalizar as inscricións tanto por correo electrónico, no enderezo da ANPA (info@anpaospazos.es) como presencialmente no Instituto (secretaría ou buzón da ANPA).

Recibide un cordial saúdo,  A directiva

Admitidos:

XADREZ

Teatro 1º cuadrimestre

INGLES MIERCOLES, INGLES MARTES

Comparte

Actividades do curso 2014/2015

ACTIVIDADE DÍAS E HORARIO PREZO
TEATRO MARTES E MÉRCORES16.30 h.a 18.00 h. 40 € /TRIMESTRE
ENGLISH CLUB MARTES OU MÉRCORES16.30 h. a 18.00 h. 20€ / MESSocios da ANPA 15€
XADREZ MARTES OU MÉRCORES16.30 h. a 18.00 h. 15 €/mesSocios da ANPA 10€

jovenesO PRAZO PARA SOLICITAR ACTIVIDADES REMATA O DÍA 10 DE SETEMBRO.

AS FOLLAS DE INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES 2014/2015 ENTRÉGANSE NA SECRETARÍA DO CENTRO OU BEN POR CORREO ELECTRÓNICO

 

No caso de teren máis solicitudes que prazas aplicaremos os seguintes criterios:

  1. Terán preferencia os socios da ANPA, ata cubriren prazas.
  2. A continuación, terán preferencia os alumnos que participaron na actividade durante o curso 2013/2014
  3. Por último, seguiremos unha orde alfabética comezando pola letra B, consorte se dispón na Resolución da Consellería de Facenda de 29 de xaneiro de 2014, pola que se fai público o sorteo ao que se refire o Regulamento de selección da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Comparte

OBRADOIRO AFECTIVO SEXUAL: Familias que falan

Familias Que Falan

Comparte

Actividades de verán

Xa están dispoñibles no centro os folletos informativos das actividades de verán.

No seguinte enlace podedes atopar tamén a información de ditas actividades.

Comparte

Nota English Club

Viaje a Londres English Club

Comparte

Nota informativa English Club

Nota actividade de inglés

Comparte